Evento: A escena galega no palco do Colón

  • A escena galega no palco do Colón
A escena galega no palco do Colón
sábado, 9 xuño, 2018 - 10:00
Teatro Colón,
A Coruña

A escena galega no palco do Colón

Xornada sobre os procesos de creación escénica en Galicia

A escena galega no palco do Colón é un encontro que pretende axudar a contrastar os diferentes procesos polos que transitan as persoas que se dedican á creación escénica en Galicia. O encontro ten como eixo central o traballo de dramaturgos, actores, directore, coreógrafos, bailaríns, xentes do circo... todos conversarán sobre cales son os camiños e metodoloxías que os levan a crear unha peza escénica.

Programa

10:00 - Benvida e presentación da xornada a cargo de Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación de A Coruña e deputada de Cultura.

10:30 - Os procesos creativos na ensinanza das artes escénicas. Unha conversa con Daniel Salgado, Irene Moreira, Carlos Neira e Carlos Sante.

12:30 - A creación de espazos sonoros e visuais como ferramenta dramatúrxica. Baltasar Patiño e Laura Iturralde son entrevistados por Afonso Becerra.

13:30 - Conversa: Narrativas escénicas. Unha conversa entre Xulio Lago e Areta Bolado, na que confrontar dúas formas de comprender a construción do relato escénico contemporáneo.

16:30 - A creación escénica desde a prespectiva do/a intérprete escénico/a. Conversa entre Patricia de Lorenzo, Eduardo Alberto Rodríguez Cunha “TATÁN”, Olga Cameselle e Pablo Reboleiro, moderada por Esther Carrodeguas.

18:30 - A dirección de escena e a dramaturxia. Diferentes xeitos de tecer a estrutura dramatúrxica dunha peza. Unha conversa con Tito Asorei, Marta Pazos, Quico Cadaval e Ruth Balbís.

20:00 e 21:30 - Catro Compañías. escénicas galegas amosan quince minutos do seu traballo en espazos non convencionais dentro do Teatro Colón: Elefante Elegante, Prácido Domingo, Caramuxo Teatro e Manicómicos.
 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense