Evento: Renacemento e manierismo na escultura dos Leoni

Renacemento e manierismo na escultura dos Leoni
xoves, 8 febreiro, 2018 - 20:00
Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia,
Santiago de Compostela

Renacemento e manierismo na escultura dos Leoni

Conferencia sobre arte

O catedrático de Historia da Arte da Universidade Complutense, Fernando Checa falará do efecto do Renacemento e manierismo na escultura dos Leoni. Os escultores Leone e Pompeo Leoni, pai e fillo, foron responsables de esculturas tanto para Carlos V como para Filipe II. 

A actividade forma parte do ciclo de conferencias A era dos xenios. De Miguel Ángel a Arcimboldo, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado. As conferencias do programa buscan profundar nos xenios que marcaron o século XVI, período no que sucederon importantes acontecementos que cambiaron tanto o destino histórico de Europa como o da arte.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense