Evento: Rexas

  • Rexas
Rexas
xoves, 14 xuño, 2018 a venres, 29 xuño, 2018
Centro Cultural do Porriño,
O Porriño

Rexas

Mulleres baixo o terror franquista

Esta exposición, a través de 78 fotografías, conta as historias de 172 mulleres, algunhas delas feitas públicas por primeira vez, que viviron baixo a represión da dictadura. A mostra está dividida en tres bloques: o primeiro é o da contextualización histórica, que amosa como o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República; o segundo, o máis longo, analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron; o terceiro busca recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla.

A exposición está percorrendo a provincia de Pontevedra. 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia