Evento: Os golfiños e o xigante

Os golfiños e o xigante
domingo, 19 novembro, 2017 - 12:00
Auditorio Municipal de Ourense,
Ourense

Os golfiños e o xigante

Espectáculo infantil a cargo de Fantoches Baj

Os golfiños e o xigante é o nome do texto teatral co que Inacio Vilariño resultou gañador do Premio Barriga Verde para textos de teatro de títeres para público infantil.

 Na década pasada Bao Si Shun foi considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta pero a verdadeira sona chegaríalle o día que conseguiu extraer, grazas ao seu longuísimo brazo, dúas boias de piscina do esófago dos golfiños, salvandoos así dunha morte certa. A noticia, publicada en todos os xornais do mundo, chamaba a atención, non tanto por ter salvado os golfiños, que tamén, senón porque amosaba dun xeito moi gráfico a necesidade de aceptar cada un de nos a súa diferenza e de ser aceptados como somos.
 Baseada neste feito real Os golfiños e o xigante é unha fábula contada con sombras chinesas a modo de “road movie” onde Jiang, a adestradora do acuario, vai tras as pegadas de Bao Sishun por toda a rexión, obrigada a superar distintos atrancos. Nesta busqueda recibirá a axuda das persoas coas que se cruza no camiño, todas elas fascinadas pola personalidade xenerosa e entrañable do xigante, que lle irán dando pistas sobre o seu paradeiro.  Finalmente atopa a Bao Xi Xhun na súa aldea natal no deserto do Gobi como pastor de cabras aillado da vida social e da popularidade mediatica. Tras recoñecer as boas intencións da rapaza, Bao Sishun, acepta ir o acuario tentar salvar os golfiños e ao lograr extraer as boias do esofago dos golfiños e devolvelos a vida, consegue desatascar as súas emociós e aceptar a súa diferenza.
 Esta fábula de superación con final feliz foi premio Barriga verde de textos para monicreques na súa modalidade infantil no 2016. Polo contexto chinés no que sucede a acción pareceunos que as sombras eran unha técnica apropiada para contar esta historia apoiandonos na tradición chinesa do teatro de sombras (agora patrimonio da humanidade pola UNESCO) pero introducindo elementos de innovación no deseño de escenarios e marionetas, na multiplicidade de pantallas ou nas novas fontes de iluminación como linternas ou proxectores de transparencias. A música composta por Benxamín Otero tentará combinar a tradición oriental con sonoridades mais contemporáneas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cinema Marabillas
16 de maio, 19:00
Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
O auto do Castromil
16 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Made in Galiza
16 de maio, 20:30
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña
Veciños
17 de maio, 17:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense