Evento: Xornada Arquivos públicos e perspectiva de xénero: Galicia

Xornada Arquivos públicos e perspectiva de xénero: Galicia
xoves, 8 xuño, 2017 - 09:30 a 19:30
Consello da Cultura Galega,
Santiago de Compostela

Xornada Arquivos públicos e perspectiva de xénero: Galicia

Custodian os arquivos públicos de Galicia documentos de mulleres, sobre mulleres? Custodian ou interésanse por custodiar documentos vinculados co movemento feminista?

Custodian os arquivos públicos de Galicia documentos de mulleres, sobre mulleres? Custodian ou interésanse por custodiar documentos vinculados co movemento feminista?

Nunha primeira e rápida achega a estas cuestións, semella que nos arquivos públicos de Galicia nin a perspectiva de xénero nin o feminismo son obxecto de atención clara e preferente, incluso parecen estar fóra do ámbito de interese das e dos profesionais. Mais é posible que esta apreciación non responda á realidade con exactitude e deba ser matizada. Atendendo a isto, desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, consideran que fai falta unha visión demorada que permita visibilizar o camiño andado e aproximar outras realidades.

 

Neste sentido, nestas IV xornadas sobre xénero e documentación, proponse iniciar un debate aberto, dirixido a profesionais dos arquivos e á sociedade en xeral co obxectivo de dar a coñecer, se é que as hai, as actuacións que nos arquivos públicos de Galicia incorporan unha perspectiva de xénero e/ou feminista con naturalidade, aplicando a ollada aos contidos, aos métodos, ás dinámicas de traballo.

 

Ábrese, ademais, a oportunidade de coñecer máis de preto as propostas e estratexias desenvolvidas sobre as cuestións expostas no conxunto do Estado e no caso concreto do Archivo Mujeres y Géneros do Archivo Nacional de Chile. Participan Beatriz Díaz Vázquez, Marina García Pita, Eva García Amador, Gabriel Quiroga Barro, Olimpia López Rodríguez, concepción Varela Orol, Luis Martínez García, Encarna Otero Cepeda, Francisca Marticorena Galleguillos, Rosario Álvarez Blanco e Dolores Pereira Oliveira.

Máis información e inscrición:
http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200568

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense