Evento: Botánica surrealista de Maruja Mallo
Botánica surrealista de Maruja Mallo
Botánica surrealista de Maruja Mallo
En conmemoración do Día das Artes, dedicado a Maruja Mallo
Obradoiro no que se pretende facer un achegamento á obra La sorpresa del trigo de Maruja Mallo. Comprobaremos que pasaría se plantasemos sementes de legumes en lugares tan curiosos como o nariz, o xeonllo ou os beizos, ao igual que fixo Maruja Mallo co trigo xermolando dos dedos da man da protagonista desta obra tan singular. Para isto distribuirase entre os/as participantes un puñado de sementes: garabanzos, lentellas, chícharos...que terán que incluír na súa proposta plástica.
Ao remate da actividade repartirase entre os/as asistentes un kit de herboristería con instrucións precisas para que cada quen plante os seus legumes.
Público: de 6 a 9 anos
Duración: 60 minutos
Prazas: 25
Ligazóns



