Evento: Cordas con Xosé Liz

Cordas con Xosé Liz
sábado, 11 febreiro, 2017 - 16:00
Centro Sociocultural da Trisca,
Santiago de Compostela

Cordas con Xosé Liz

Patróns rítmicos e ornamentacion de músicas europeas

O multiinstrumentista Xosé Liz imparte este curso monográfico de corda pulsada na música folk baixo o título “Patróns rítmicos e ornamentacion de músicas europeas”.

O obradoiro proposto versará no acompañamento á música tradicional europea contemporánea en diversos instrumentos (bouzouki, guitarra, mandolina).

Detalles: ◾Duración: 4 horas

◾Prezo: 35 €

◾Data: Sábado 11 febreiro

◾Horario: 16-20 h

◾Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)

◾Nivel: para músicos iniciados (bouzouki, guitarra, mandolina)

◾+ info e inscrición: info@folque.com

Breve descripción de contidos: ◾Ritmos binarios: interpretación melódica e rítmico-harmónica, ornamentación. Reel, chula. ◾Ritmos ternarios: interpretación melódica e rítmico-harmónica, ornamentación. Xota, valse. ◾Ritmos binarios de subdivisión ternaria: interpretación melódica e rítmico-harmónica, ornamentación. Jig, muiñeira, slip jig. ◾Amalgamas: interpretación melódica e rítmico-harmónica, ornamentación. Hanter fisel, polska

Breve sinopse biográfica sobre Xosé Liz

Músico de recoñecido prestixio nacional e internacional no ámbito do folk galego e a Celtic Music. Máis de trinta producións discográficas cos mellores artistas galegos (Cristina Pato, Susana Seivane, Blanco, Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Anxo Lorenzo, Begoña Riobó…) e a súa habitual presenza nos mellores escearios adicados a estas músicas (Celtic Connections, Piping Live, Vall D’aOsta, Scottish Weekend, Festival Interceltico de L’orient…) avalan a traxectoria deste multiinstrumentista vigués. Compaxina a súa tarefa de música profesional, produtor, arranxista e compositor coa súa laboura demestre titular de frauta e corda pulsada na prestixiosa Escola de Música Folk e Tradicional E-Trad de Vigo, dende 2009.

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Booktrailer
17 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Perfumes
Perfumes da natureza
18 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia