Evento: Moendo muiñeiras
Moendo muiñeiras
Moendo muiñeiras é un espectáculo que xira ó redor da muiñeira, no que se mesturan a partes iguais teatro, baile e música. Os protagonistas da historia farán un percorrido polas catro formas de muiñeiras conservadas a día de hoxe: muiñeira nova, muiñeira vella, carballesa e regueifa, levados por unha apaixoante trama ao ritmo da zanfona e o violín.
Sipnose: Que pasaría se recibises unha carta anunciándoche que herdas un antigo muíño? Unha parella de mozos urbanitas ve cambiada a súa vida ao voltar as súas orixes. Uxía, moza de Brais, herda un muíño de Xosé, alcumado O muiñeiro. Neste muíño, pasarán cousas aparentemente inexplicables, que pouco a pouco iranse comprendendo ata descubrir a historia dos seus verdadeiros avós, Sofia e Xocas. Unha historia de amor, de vida, de baile e de música acontecida en 1936 entre fariña e muiñeira.
Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
