Evento: Sinfonía en París I: tres mujeres y un amor

Sinfonía en París I: tres mujeres y un amor
xoves, 23 xuño, 2016 - 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Sinfonía en París I: tres mujeres y un amor

Presentación - concerto da última novela de Carmen Torrico

A autora, con formación en música e concertista de profesión, é colaboradora habitual en blogs e publicacións especializadas en literatura. Tamén ten participado en distintos concursos literarios e incluso abordou o mundo da poesía.

No campo da novela a súa ópera prima El visitante nocturno foi publicada hai dous anos e no ano 2015 editouse a súa obra 8 días en Roma, enmarcada na ficción romance. 

Sinfonía en París I é unha novela romántica que narra a historia dun famoso director de orquestra nunha situación complexa de amor, odio, vinganza e paixón no contexto da cidade París e entrando nunha situación de risco e odio.

Na presentación vanse intercalando melodías do ámbito parisiense ao acordeón, con outras referenciadas ao longo da novela. Todo iso enlazado con algunha lectura do texto, imaxes dos personaxes e a información xeral do libro.

Salón de Actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense