Evento: Festival Groba

  • Festival Groba
Festival Groba
sábado, 23 agosto, 2014 a sábado, 30 agosto, 2014
Auditorio Municipal e Conservatorio Profesional de Música,
Ponteareas

Festival Groba

Ponteareas convértese en referente da música clásica

Tras a boa acollida por parte de crítica e público da primeira edición do Festival Groba celébrase unha segunda edición.
As liñas básicas de actuación continúan sendo as mesmas, unir dúas das grandes paixóns do mestre Groba: a composición e a educación de novos valores musicais.
Para iso, desenvólvese unha serie de concertos diarios no Auditorio Municipal no que se interpretan diversas composicións de Rogelio Groba e doutros compositores da música clásica universal, por artistas internacionais e músicos galegos de ampla experiencia e traxectoria. A Orquestra de Cámara Galega é a orquestra en residencia do festival.

Complementando esta actividade, realízanse seminarios, masterclass, obradoiros e conferencias para todos os alumnos e músicos novos que se acheguen a Ponteareas durante o festival. As masterclass e cursos de especialización musical están destinados aos alumnos interesados e seleccionados como activos pola organización do curso e poden participar como alumnos oíntes todas as persoas que así o desexen.

Mantense a gratuidade de todas as actividades, tanto concertos como cursos.

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos