Evento: Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido

Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido
xoves, 26 novembro, 2015 a domingo, 17 xaneiro, 2016
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido

Motras coas fotografías etnográficas realizadas polo dinamarqués Gustav Hennings no período 1965-1968

O etnógrafo dinamarqués Gustav Henningsen percorreu na década dos 60 do pasado século varias aldeas e vilas galegas fotografando e realizando entrevistas sobre ritos de maxia e curación. En 2009 o profesor doou todo o material (máis de 150 horas de gravacións) ao Instituto da Lingua Galega da USC (ILG), que comezou un proxecto de investigación dirixido por Xulio Sousa que ten como finalidade a elaboración dun corpus de textos orais en galego e en castelán a partir de materiais sonoros obtidos en Galicia entre 1964 e 1967.  

Os rexistros corresponden a un traballo de investigación sobre crenzas tradicionais, especialmente sobre meigas e endemoñados, que subvencionaran a Universidade de Copenhague e o Consello Danés de Investigacións Científicas. As gravacións doadas polo profesor Henningsen, unha vez transcritas e procesadas, foron utilizadas polos investigadores do ILG para realizar distintas investigacións lingüísticas, entre elas o devandito proxecto Transcrición dos textos orais do arquivo etnográfico do profesor Gustav Henningsen

Parte deses materiais forman parte da exposición ‘Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido. Gustav Henningsen. Fotografías etnográficas 1965-1968’ que se inaugura o 26 ás 19:30 horas no Museo do Pobo Galego, un acto ao que asistirá o propio Gustav Henningsen.

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga