Evento: Presentación caderno 'O destino como forma'
Presentación caderno 'O destino como forma'
O Caderno FICBUEU #6, analiza, en diálogo cos cinco títulos que conforman a retrospectiva, a relación existente entre o concepto de exilio e o mundo da imaxe audiovisual. Este ensaio constrúese afondando nos procesos de busca e reflexión de dúas mulleres poetas e creadoras, a actriz María Luisa Elío e a filósofa María Zambrano. Ao mesmo tempo, analiza a forma en que determinadas autoras e autores asumen o proceso creativo, esencialmente, como unha vivencia. As súas obras, por esta mesma razón, parecen converterse, por momentos, nunha especie de “artefactos temporais” onde conflúen (e se confunden) a súa vida e obra; as súas identidades, o seu pasado ou a súa memoria co seu destino.
O autor do Caderno FICBUEU #6 é José Manuel Mouriño, investigador, docente, ensaísta e cineasta. Doutor en Belas Artes, Mouriño ten comisariado exposicións e realizado investigacións e escritos sobre autores como Mijaíl Romm, Andréi Tarkovski, Norman McLaren ou Pier Paolo Pasolini, entre moitos outros.
Proxección de curtas relacionadas.
Máis eventos do ciclo Fóra de serie
