Evento: West Indies

West Indies
mércores, 6 maio, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

West Indies

Med Hondo, 1979

O filme máis radical, ambicioso e operístico do mauritano Med Hondo. Para a súa produción reconstruíuse un navío escravista nunha fábrica abandonada de Citroën. Movéndose polo barco, a cámara traza en planos secuencia o devir das Indias Occidentais, escoitando diversos relatos orais de figuras históricas e anónimas, nun baile no que o vestiario e a dirección artística cambian en directo no set para se adecuar ao paso do tempo. A fita regala traballados números musicais, atendendo así á herdanza artística dos pobos escravizados, especialmente á música como elemento cohesionador dunha historia oral de resistencia compartida.

Máis eventos do ciclo Territorios mutantes

Crónica de los años de fuego
13 de maio, 19:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña