Evento: Programa 1 | Homo e-sapiens

Programa 1 | Homo e-sapiens
martes, 5 maio, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Programa 1 | Homo e-sapiens

Dominic Gagnon, Natalie Bookchin, 2009-2024

Mass Ornament

Natalie Bookchin, Estados Unidos, 2009

7 min, DCP, sen diálogo

Space Down

Dominic Gagnon, Canadá, 2024

78 min, DCP, inglés, VOSE

 

Natalie Bookchin, artista e teórica especializada en medios dixitais, axunta o arquivo audiovisual fragmentado na Internet a partir dunha análise crítica da sociedade. A través dunha masiva remontaxe, Mass Ornament coordina bailes solitarios no cuarto e coreografías miméticas de masas expoñendo as contradicións entre a liberdade individual e o control social.

O artista e realizador quebequés Dominic Gagnon indagou profundamente en retratos internautas, realizando ata sete longametraxes. A partir do que denomina «direct cinema a distancia» observou a sociedade occidental —RIP in pieces, America, 2009—, desprazouse cara ao Ártico —Of the North, 2015—, o sur —Going South, 2018— e oriente —Big in China, 2020—. Navegados os catro puntos cardinais, faltaba sucar cara ao fondo da Terra e saír proxectado cara ao espazo. Space Down é unha ensamblaxe de expresións de seres humanos en estados de illamento e ansiedade mentres outros coetáneos gravitan polo ceo, perspectivas inverosímiles que interrogan cal é o lugar do ser humano no universo.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

En la corriente
16 de xuño
Filmoteca de Galicia
Misericordia
16 de xuño
Filmoteca de Galicia
Pillion
17 de xuño
Filmoteca de Galicia
En la corriente
17 de xuño
Filmoteca de Galicia