Evento: Representación gráfica de superficies

Representación gráfica de superficies
mércores, 11 marzo, 2026 a sábado, 11 abril, 2026
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Representación gráfica de superficies

Exposición para lembrar a importancia das matemáticas.

Salvador Arguilé Letosa é un licenciado en Matemáticas que desenvolveu a súa vida laboral principalmente no mundo da Informática.

Agora que está xubilado, e coincidindo con que marzo é o mes das “Mates”, presenta unha exposición divulgativa na que se tenta responder de maneira satisfactoria ao problema da representación gráfica de superficies matemáticas.

Achega non só unha forma “visual”, senón tamén unha forma “real” das mesmas, coa idea de poder chegar a “tocar” as devanditas estruturas. Partindo das ecuacións matemáticas que as definen e por medio de algoritmos específicos, obtéñense debuxos en perspectiva, o máis realistas posible, baixo o formato de “caixa de arame” ou de imaxe dixital a cor, ambas as formas con supresión de liñas ocultas. Xuntando varias desas imaxes podemos conseguir animacións, imaxes en 3D (visibles con lentes adecuadas), vídeos e mesmo modelos físicos, e que coa axuda dalgunha impresora 3D, sexamos capaces de chegar a reproducir, dunha forma tanxible, o que antes eran só unhas ecuacións. Na exposición incorporáronse a modo de exemplo varias destas superficies.

Ademais de todo isto, complétase a exposición cunha representación do número *π con 12.110 cifras decimais, usando para iso a fórmula de John Machin de 1706.

O autor estará presente os días 14 e 21 de marzo pola mañá en horario de 11.00 a 13.00 e os días 26 e 27 de marzo pola tarde en horario de 17.00 a 19.00 para responder as inquietudes que esta exposición poida espertar entre as persoas curiosas que decidan darse unha volta polo mundo das Matemáticas e da programación de computadores.

A exposición está orientada ao público en xeral e evitouse no posible usar unha linguaxe matemática excesiva para facilitar a comprensión dos conceptos en que se basean os algoritmos aquí utilizados. Todas as persoas están convidadas a gozar do impacto visual e táctil das imaxes xeradas.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona