Evento: Explorando a vida
Explorando a vida
martes, 3 marzo, 2026 a xoves, 30 abril, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Explorando a vida
Mostra bibliográfica sobre mulleres científicas
Facemos un percorrido polos achados e tamén os desafíos das mulleres científicas ao longo da historia. As mulleres formaron parte do mundo da ciencia desde sempre, ás veces desde as marxes. Por iso queremos invitarvos a realizar esta viaxe coa axuda da nosa colección de libros infantís e xuvenís que conteñen vidas e obras de todas aquelas pioneiras que contribuíron a transformar o mundo a través dos diferentes campos científicos.
Podes visitala na sala infantil ata o 30 de abril en horario de apertura da biblioteca.
Máis eventos de tipo Exposición



