Evento: Charla sobre o libro ¡¡¡Nooo!!!
Charla sobre o libro ¡¡¡Nooo!!!
venres, 27 febreiro, 2026 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Charla sobre o libro ¡¡¡Nooo!!!
Da man do seu autor Eugenio Piñeiro Mejuto
Cedemos o espazo para que o autor fale do seu novo libro, publicado por Terra Ignota Ediciones.
¡¡¡Nooo!!! é unha novela de ciencia ficción de temática biopunk que bascula entre a distopía e a utopía e narra as peripecias vividas por unha náufraga espacial que loita por sobrevivir e conquistar a súa liberdade.
No salón de actos. Para público adulto. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

