Evento: Peza do mes: Cabeza antropomorfa de Armea

  • Portada da publicación da Peza do Mes de febreiro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Cabeza antropomorfa de Armea
domingo, 1 febreiro, 2026 a sábado, 28 febreiro, 2026
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Cabeza antropomorfa de Armea

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 11 de febreiro, mércores ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo arqueolóxico) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Trátase dunha cabeza antropomorfa labrada en granito atopada na campaña do 2021 no xacemento galaico-romano da Cidbá de Armea (Allariz, Ourense), cunha cronoloxía estimada de comezos do século I d. C.

Esculpida nun só bloque de granito de aproximadamente 36,5x18,5x36,5 cm, presenta un estilo moi esquemático, con trazos faciais simples. A súa función e significado pode estar dentro dunha tradición simbólica ampla, e sometida á diversidade tipolóxica deste tipo de pezas e a un contexto xa romanizado.

A publicación virtual sobre esta obra está dispoñible nesta ligazón do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, onde se pode afondar sobre o seu contexto arqueolóxico, as súas características e as posibles interpretacións e significados, nun estudio a cargo, neste caso, de Nerea Ruanova Álvarez, Alba. A. Rodríguez Nóvoa, Patricia Valle Abad, Adolfo Fernández Fernández.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

BibliotecArte: "A persistencia da memoria" de Salvador Dalí
25 de febreiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés