Evento: Sen Restricións

  • Sen Restricións
Sen Restricións
domingo, 22 marzo, 2026 - 19:00
Auditorio Lois Tobío,
Gondomar
Un espectáculo de Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro

SEN RESTRICIÓNS xunta a tres intrépidas intérpretes no escenario dispostas a compartir as súas historias, pensamentos, anécdotas e vivencias. O cine servirá de fío condutor a estas tres valentes mulleres para falar de temas tan dispares e disparatados como o amor, as drogas, o apóstolo Santiago, o vexetarianismo, a Costa da Morte, ligar nos nosos tempos ou a química!

Tres actrices supostamente serias que resultaron ser unhas paiasas. Tres mulleres que apostan por rir de si mesmas, non tomar as cousas demasiado en serio e vivir nun estado permanente de euforia, taquicardia, risas e adrenalina. Sempre con moito humor e unha pouca música. A fin de contas, non hai nada Mellor no mundo que vivir SEN RESTRICIÓNS!

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Concerto tributo 'Lembra Xabarín'
12 de abril, 17:30
Auditorio Municipal de Goián - Tomiño - Pontevedra
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril, 18:00
Multiúsos da Xunqueira - Redondela - Pontevedra
Crisálida
12 de abril, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
o_libro_da_selva
O libro da selva. O musical
12 de abril, 18:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo