Evento: Zweisamkeit

  • Imaxe
Zweisamkeit
luns, 23 febreiro, 2026 a venres, 27 marzo, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Zweisamkeit

Exposición de fotografías

Cedemos o espazo para esta exposición organizada por José Manuel Pérez Pena. Para referirse á soidade, en alemán a palabra máis común é Einsamkeit. E do mesmo xeito que sucede coa nosa soidade, aquel termo pode ter conotacións tanto positivas (no caso dunha soidade buscada) como negativas (caso contrario). Pero en alemán tamén existe outro termo, para o que non temos un equivalente galego, a saber, Zweisamkeit (unha especie de soidade compartida) que sempre conleva emocións positivas.

Un haiku e unha fotografía poden ter moito en común, pois un haiku clásico case sempre é un poema descritivo. Os hajins denominan aware aquela emoción que lles provoca unha visión repentina. Emoción que logo intentan fixar por escrito nun haiku. Esa emoción non difire moito da que sinte un fotógrafo ou unha fotógrafa cando dispara unha foto determinada durante unha deriva fotográfica.

Pode visitarse no vestíbulo do 23 de febreiro ao 27 de marzo durante a apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Icono Encarnado
12 de setembro a 10 de febreiro
Rúa de San Pedro