Evento: Os labirintos da mente humana
Os labirintos da mente humana
Esta mostra bibliográfica reúne unha selección de ensaios de psicoloxía e neurociencia, xunto con obras de narrativa, que exploran os misterios da mente humana: como percibimos, lembramos, sentimos e tomamos decisións. A través de miradas moi diversas –desde a investigación científica ata as historias de ficción– estes libros abordan temas como a conciencia, a identidade, as emocións, os trastornos mentais ou a influencia do contexto na nosa conduta. O obxectivo desta mostra é ofrecer ás lectoras e lectores distintas portas de entrada para coñecer mellor o cerebro e comprender tamén os seus propios pensamentos, hábitos e experiencias internas.
Pode visitarse do 2 de febreiro ao 31 de marzo en horario de apertura da biblioteca.
Máis eventos de tipo Exposición



