Evento: Entre contos e versos... mil universos
Entre contos e versos... mil universos
luns, 2 febreiro, 2026 a martes, 31 marzo, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Entre contos e versos... mil universos
Mostra bibliográfica infantil
A rima é un elemento básico para as crianzas porque melloran a linguaxe, tanto expresiva como comprensiva e benefícialles na súa capacidade de memoria, xa que enriquece a súa habilidade de lembrar. Ao escoitar as rimas, aprenden como se combinan os sons para formar as palabras e as frases e entenden o ritmo da lingua. Algunhas investigacións amosan que é un instrumento moi poderoso para a aprendizaxe da lectura. Ofrecésmosvos aquí unha pequena mostra de contos rimados que se suman á nosa colección de poesía infantil.
Pode visitarse na sala infantil ata o 31 de marzo no horario de apertura da biblioteca.
Máis eventos do ciclo Día da poesía
21 de marzo, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
21 de marzo, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
9 de febreiro a 21 de marzo
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
