Evento: Identidades, as artes para a inclusión social

  • Identidades no Museo de Belas Artes da Coruña
  • Identidades no Museo de Belas Artes da Coruña
  • Identidades no Museo de Belas Artes da Coruña
Identidades, as artes para a inclusión social
venres, 9 xaneiro, 2026 a martes, 31 marzo, 2026
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Identidades, as artes para a inclusión social

Obras realizadas nos obradoiros de artes plásticas do Museo

O Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración coa Asociación de Amigos do museo presenta a exposición do resultado dos traballos realizados nos obradorios do proxecto IDENTIDADES, AS ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL durante o outono do ano 2025.

Trátase dunha experiencia sociocultural iniciada en 2018, destinada a colectivos en situación de vulnerabilidade por atoparse desprazados dos seus lugares de orixe (xa sexa por razóns políticas ou económicas), por ser vítimas de malos tratos ou violencia de xénero, ou por verse en situación de dificultade ou illamento social, o proxecto pretende facer unha reflexión e tomar conciencia das raíces e da identidade propia en todas as súas variantes: cultural, xeográfica, emocional e persoal, tanto individual como colectiva.

Nesta ocasión, trece artistas locais acompañan a trece colectivos en riesgo de exclusión a transformar as súas vivencias que se recollen nesta mostra ‘Identidades’, un proxecto que, edición tras edición, convértese nun espazo de encontro no que o mais importante son as persoas e o proceso de creación.

Máis información nesta ligazón do Museo.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Icono Encarnado
12 de setembro a 10 de febreiro
Rúa de San Pedro