Evento: Sleepless Nights

Sleepless Nights
martes, 27 xaneiro, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Sleepless Nights

Eliane Raheb, 2012

Insomnes son as noites de Assaad Shaftari, o antigo oficial de alto rango dos servizos secretos da milicia das Forzas Libanesas, que sente a culpa dos seus actos durante a guerra civil, do mesmo xeito que as noites de Maryam Saidi: trinta anos despois, segue buscando ao seu fillo Maher, un mozo combatente comunista que desapareceu durante o sanguento conflito de 1982. Cun valor extraordinario, motivada polo esforzo de comprender e procesar as súas propias experiencias dos tráxicos acontecementos crave da historia moderna do seu país, a documentalista Eliane Raheb investiga ata que punto son posibles a redención, o perdón e a aceptación do miserable destino dun ser querido. Reflexiona sobre como, cando chega a guerra, un individuo «normal» se converte en combatente e estratego militar durante un tempo, para logo volver repentinamente á vida cotiá. En palabras da propia directora, ela mesma converteuse nun dos personaxes da película, investigando e mediando entre todas as partes que aparecen ante a cámara. (Karel Och, Karlovy Vary)

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Blue Moon
31 de marzo
Filmoteca de Galicia
El dios de la peste
31 de marzo
Filmoteca de Galicia
El dios de la peste
1 de abril
Filmoteca de Galicia
Casablanca
1 de abril
Filmoteca de Galicia