Evento: BERENGUELA NA GAIOLA

  • Berenguela na gaiola
BERENGUELA NA GAIOLA
domingo, 25 xaneiro, 2026 - 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire,
Lugo
Un espectáculo do Centro Dramático Galego en coprodución con Galeatro, Xarope Tulú e FIOT de Carballo. Premio Manuel María de Proxectos Teatrais 2024

Berenguela vive nunha residencia, pero quere volver á súa casa da aldea. Alí coñece a Aurora, que ten unha imaxinación sen límites, e a Tomás, sempre calado e pensativo. Berenguela propón unha revolta e volverse salvaxes e perigosas, pero Aurora suxire que fagan no teatro o que non lles deixan facer na realidade: ser libre e cambiar o mundo, ou, polo menos, o seu mundo.

Os tres anciáns escollerán para representar a obra de Manuel María Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, onde cadaquén escolle o personaxe que quere representar.

A carballesa Galeatro e Xarope Tulú aliáronse neste proxecto que gañou a cuarta edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e para o que contan coa dramaturga e directora Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática. Ambas compañías están comprometidas con linguaxes escénicas diversas dirixidas á infancia e tamén coa narración e o teatro de obxectos. O FIOT colabora coa creación como coprodutor, xunto á Casa-Museo Manuel María e ao Centro Dramático Galego.

 

Dirección e dramaturxia: Paula Carballeira

Espazo escénico e vestiario: As Dúas e Punto

Espazo sonoro: Xavier Bértolo

Caracterización: Lorena Calvo

Iluminación e escenografía: Nicolás Zamorano

Deseño gráfico, foto e vídeo: Sol Álvarez

Elenco: Alba Bermúdez, Tone Martínez E Atenea García

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

As desterradas
As desterradas
26 de febreiro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Guerra
Guerra
26 de febreiro, 21:00
Teatro Principal - Pontevedra - Pontevedra
abracadaver.
Abracadáver
27 de febreiro, 18:30
Casa da cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
27 de febreiro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra