Evento: Presentación do libro Las Atómicas

Presentación do libro Las Atómicas
venres, 26 decembro, 2025 - 16:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Presentación do libro Las Atómicas

Victoria Masaguer Torres

Cedemos o salón de actos para a presentación de Las Atómicas, libro infantil publicado por NPQ Editores que esperta vocacións científicas desde a química e combina amizade, aventuras e ciencia para achegar as materias STEM- Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas- ao público máis novo.

Las Atómicas nace cun claro obxectivo educativo: mostrar que a química «está en todas partes» e que o coñecemento científico non é maxia, senon unha ferramenta poderosa para comprender o mundo.

A autora, Victoria Masaguer Torres, é doutora en materiais e enxeñeira química, con máis de vinte anos de experiencia profesional en sectores industriais e defensora da química moderna e o pensamiento crítico. Ademais, coñece de primeira man como aprenden os máis pequenos e pequenas e aposta pola experimentación, a observación e o pensamento asociativo como ferramentas chave na educación infantil.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de marzo do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Pesas de tear tardorromanas
1 de marzo a 31 de marzo
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación de libros no Museo Massó
Presentación de libros
1 de abril
Museo Massó
BibliotecArte: "Noctámbulos / Nightwalks" de Edward Hopper
6 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés