Evento: Xogar, aprender e divertirse

  • Xogar, aprender e divertirse no Museo Provincial de Lugo
Xogar, aprender e divertirse
xoves, 11 decembro, 2025 a sábado, 28 febreiro, 2026
Museo Provincial de Lugo,
Lugo

Xogar, aprender e divertirse

Os xoguetes de Xosé Lois Basanta Campos

O Museo Provincial de Lugo (MPL) presenta unha nova exposición temporal, enmarcada no seu programa de “Coleccionismo e museos”, co obxectivo de difundir os fondos que alberga. A mostra exhibe a colección de xoguetes doada polo fonsagradino Xosé Lois Basanta Campos (1924-2016), ofrecéndonos unha viaxe no tempo que comeza na década de 1920 que nos axuda a comprender a evolución dos xoguetes, das modas, dos avances tecnolóxicos e dos cambios sociais.

Ademais de documentar a historia do xoguete, a exposición tamén pon en valor a doazón de Xosé Lois Basanta e destaca o papel dos particulares na conservación e incremento do patrimonio colectivo. Así, garante que as futuras xeracións poidan coñecer e entender a infancia de épocas pasadas.

Para saber máis desta exposición e do seu contido moito máis pormenorizado, pódese consultar esta ligazón do Museo Provincial de Lugo.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Icono Encarnado
12 de setembro a 10 de febreiro
Rúa de San Pedro