Evento: Parques naturais en femenino

Parques naturais en femenino
martes, 2 decembro, 2025 a sábado, 31 xaneiro, 2026
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Parques naturais en femenino

Mostra

Mostra itinerante para dedicar cada un dos seis parques naturais a unha galega ilustre e recoñecida polos seus méritos e contribución en diferentes eidos sociais, científicos e culturais.

Un dos obxectivos cos que se promove esta exposición é establecer unha ligazón entre a riqueza natural destes espazos protexidos e a pegada que deixaron ao longo da historia mulleres consideradas referentes nos seus respectivos campos.

“Tantos os nosos parques naturais como as galegas ilustres son parte do patrimonio feminino de Galicia”, declarou a conselleira de medio Ambiente e Cambio Climáticoo día da súa presentación na Casa da Costa, en Corrubedo, quen considerou que as súas historias son “un legado que hai que protexer e dar a coñecer” para que sirvan de “exemplo inspirador” na construción dun mundo onde a “igualdade e a sustentabilidade sexan piares fundamentais”.

En concreto, as seis protagonistas dos paneis que integran a mostra son: Elisa Patiño (Monte Aloia); Ángela Ruíz (Fragas do Eume); Antonia Ferrín (Serra da Enciña da Lastra); Filomena Dato (O Invernadeiro); Exeria (Baixa Limia-Serra do Xurés) e Ángeles Alvariño (Corrubedo).

Seis mulleres “inconformistas” e “adiantadas á súa época”, como destacou a responsable autonómica, escollidas entre tantas outras por ser claves para o progreso social e económico da Comunidade e como referentes a nivel nacional e, incluso, internacional.

Pçodese visitar no segundo andar da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Icono Encarnado
12 de setembro a 10 de febreiro
Rúa de San Pedro