Evento: Cousas miñas

Cousas miñas
luns, 1 decembro, 2025 a sábado, 10 xaneiro, 2026
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Cousas miñas

Exposición de Moxóm

Durante todo e mes de decembro a ata o 10 de xaneiro teremos no vestíbulo da Biblioteca unha exposición con obras de Moxóm.

O luns 1 de decembro ás 19.00 h será a inauguración da mesma cun encontro co autor no que explicará a súa obra. Aproveitade para coñecelo! 

Entrada libre ata completar aforo. 

 

Xosé Manuel Rodríguez Mojón,1964 Ourense.
Levo máis de 30 anos tallando madeira de forma totalmente autodidacta. Recollo as madeiras para realizar as miñas obras en encoros,camiños e leiras por toda Galicia. Así consigo darlle unha nova vida a madeiras, que eran xa refugallos, dando paso a unha creación artística única xa que non hai dous anacos de madeira iguais.
Levo ata agora feitas unhas 84 exposicions por toda Galicia,Castela-León, Portugal e Madrid e levo creado unhas 3000 pezas .
Nesta ocasión na mostra “COUSAS MIÑAS” na Biblioteca NÓS en Ourense poderanse ver unha escolma de obras de todalas épocas, de colección particular, e tamén obras inéditas feitas para a ocasión. A maior parte feitas en madeira mais tamén algunhas rarezas feitas en cartón e outros materiais a modo de experimentación.
Tamén se amosarán algunhas ilustracións e pequenos bocetos que lembrarán a miña relación co mundo da B.D.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia