Evento: Obradoiro de Primeiros Auxilios para Mini Socorristas

Obradoiro de Primeiros Auxilios para Mini Socorristas
venres, 28 novembro, 2025 - 17:00 a 19:00
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Obradoiro de Primeiros Auxilios para Mini Socorristas

A cargo de Artear

Obxectivo: fomentar a responsabilidade, a empatía e a seguridade desde temperá idade, ensinando a nenos e nenas como actuar en situacións de emerxencia.

A través de actividades dinámicas e adaptadas á súa idade, os participantes vivirán unha experiencia formativa na que aprenderán os fundamentos dos primeiros auxilios, incluíndo como pedir axuda, que facer ante determinadas situacións, manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP),…

Ao adquirir estes coñecementos, non só se preparan para responder de forma adecuada e sen pánico ante unha emerxencia, senón que tamén contribúen a construír unha cultura de prevención e coidado que os acompañará durante toda a súa vida.

Para nenos/as de 6 a 12 anos

Duración 50 minutos.

Duas quendas: (15 prazas por quenda)

  • Primeira quenda: ás 17:00 h.
  • Segunda quenda: ás 18:00 h.

Ludoteca

Inscrición previa o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Xogando coas letras - mércores 4
4 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense
Bombas de sementes - Obradoiro con Vermislab
7 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense
Xogando coas letras - mércores 11
11 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense