Evento: Arqueoloxía en Monodose

  • Pintura parietal en Galicia
Arqueoloxía en Monodose
luns, 17 novembro, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Introdución á arte parietal en Galicia

Tras a boa acollida deste ciclo nos meses anteriores, no mes de novembro o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio.

Nesta ocasión, Fernando Carrera Ramírez estará a cargo da conferencia "Arte parietal megalítica en Galicia, unha breve presentación". Unha primeira ollada sobre a arte parietal conservada nas lousas dos dólmens do Noroeste da Península Ibérica, e as últimas novedades que se teñen producido sobre o seu coñecemento. Tamén se fará fincapé na súa extrema vulnerabilidade e a necesidade dun plan específico de xestión para mellorar o seu estado de conservación.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

O mes de novembro complétase coas seguintes ponencias:

3 de novembro: Escavacións no patio das Josefinas e xardín do Posío, por Luis Orero Grandal

4 de novembro: Visita guiada ao cemiterio de San Francisco, por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández

10 de novembro: Sepulturas no Ourense tardorromano, por José María Eguileta Franco

24 de novembro: Escavacións no Museo Arqueolóxico Provincial, por Francisco Fariña Busto

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: renovación e modernidade
15 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2025
6 de novembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
14 de novembro
Centro sociocultural
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono
1 de outubro a 31 de decembro
Museo Liste Vigo