Evento: Arqueoloxía en Monodose

  • Arqueoloxía na cidade de Ourense
Arqueoloxía en Monodose
luns, 10 novembro, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía na cidade de Ourense. Sepulturas históricas

Tras a boa acollida deste ciclo nos meses anteriores, no mes de novembro o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio.

Nesta ocasión, José María Eguileta Franco será o relator de "Sepulturas no Ourense tardorromano". Na cidade houbo intervencións arqueolóxicas esenciais para axudar a comprender a orixe do Ourense romano, propiciando hipóteses tanto da cronoloxía como da extensión no núcleo. Foi o caso das Burgas, do Museo Arqueolóxico, da Praza da Madalena, do Pompeo ou do Posío. Co incremento das escavacións foron aparecendo sartegos romanos distribuídos pola cidade, polo momento todos tardíos, que poden contribuír a comprender a evolución do tecido urbano cara á Tardoantigüidade.

José María Eguileta é doutor en Historia pola USC, con premio extraordinario; membro de Número da Real Academia Galega de Belas Artes, e o xefe do Departamento de Arqueoloxía do Concello de Ourense.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

O mes de novembro complétase coas seguintes ponencias:

3 de novembro: Escavacións no patio das Josefinas e xardín do Posío, por Luis Orero Grandal

4 de novembro: Visita guiada ao cemiterio de San Francisco, por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández

17 de novembro: Arte parietal megalítica en Galicia, por Fernando Carrera Ramírez.

24 de novembro: Escavacións no Museo Arqueolóxico Provincial, por Francisco Fariña Busto.

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Portada da publicación da Peza do Mes de xaneiro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Letras capitulares
1 de xaneiro a 31 de xaneiro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Imaxe
Prevención das adiccións sen substancia na infancia e na adolescencia
6 de febreiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A aventura creativa de Anzuelo
6 de febreiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
BibliotecArte: "A persistencia da memoria" de Salvador Dalí
25 de febreiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés