Evento: Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose
martes, 4 novembro, 2025 - 17:00
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía na provincia de Ourense. Visita guiada

Tras a boa acollida deste ciclo nos meses anteriores, no mes de novembro o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio.

Nesta ocasión, José María Eguileta Franco estará a cargo da visita guiada ao cemiterio de San Francisco, un dos cemiterios históricos de Ourense, no que haberá ocasión de coñecer o lugar no que descansan personaxes da cidade como Piñeiro, Malingre, Marcelo Macías, Otero Pedrayo, Cuevillas, Blanco Amor, Parada Justel... Á vez que se celebra o XXV aniversario da súa declaración como Ben de Interese Cultural e os XV anos como membro da Asociación Europea de Cemiterios Singulares.

A visita ofrécese en dúaas quendas, ás 17:00 h e ás 19:00 h.

O mes de novembro complétase coas seguintes ponencias:

3 de novembro: Escavacións no patio das Josefinas e xardín do Posío, por Luis Orero Grandal

10 de novembro: Sepulturas no Ourense tardorromano, por José María Eguileta Franco.

17 de novembro: Arte parietal megalítica en Galicia, por Fernando Carrera Ramírez.

24 de novembro: Escavacións no Museo Arqueolóxico Provincial, por Francisco Fariña Busto.

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: renovación e modernidade
15 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2025
6 de novembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
14 de novembro
Centro sociocultural
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono
1 de outubro a 31 de decembro
Museo Liste Vigo