Evento: Arqueoloxía en Monodose

  • Ciclo de Arqueoloxía no MAPOU
Arqueoloxía en Monodose
luns, 3 novembro, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía na provincia de Ourense. Escavacións na cidade. O Posío

Tras a boa acollida deste ciclo nos meses anteriores, no mes de novembro, o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio.

Nesta ocasión a ponencia xirará en torno as "Escavacións no patio das Josefinas e xardín do Posío", a cargo de Luis Orero Grandal. O Ourense romano mira cara o sur da cidade: o traballo arqueolóxico realizado no patio polideportivo do Colexio, mostrou a meirande parte dun depósito e un hipocausto, así como estancias anexas e material vario, dun complexo termal doméstico (Ss. II-IV). A realizada no Xardín descubríu un pozo medieval e unha tumba tardorromana.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Luis Orero Grandal é un arqueólogo cunha extensa traxectoria; ten dirixido intervencións na cidade de Ourense, nos castelos de Ribadavia e Monterrei, ou nos castros de Castromao e Coto do Mosteiro, entre outras. Autor de numerosos traballos sobre temática castrexa, foi arqueólogo municipal de Celanova.

O mes de novembro complétase coas seguintes ponencias:

4 de novembro: Visita guiada ao cemiterio de San Francisco, por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández.

10 de novembro: Sepulturas no Ourense tardorromano, por José María Eguileta Franco.

17 de novembro: Arte parietal megalítica en Galicia, por Fernando Carrera Ramírez.

24 de novembro: Escavacións no Museo Arqueolóxico Provincial, por Francisco Fariña Busto.

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Portada da publicación da Peza do Mes de xaneiro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Letras capitulares
1 de xaneiro a 31 de xaneiro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Imaxe
Prevención das adiccións sen substancia na infancia e na adolescencia
6 de febreiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A aventura creativa de Anzuelo
6 de febreiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
BibliotecArte: "A persistencia da memoria" de Salvador Dalí
25 de febreiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés