Evento: Obradoiro de bordado de prendas
Obradoiro de bordado de prendas
O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres acollemos un obradoiro de bordado de prendas a cargo de Lúa Mosquetera,a creadora do clube de bordado na Coruña e en Compostela dende o ano 2016.
Bordaremos o verso de Rosalía de Castro "Tecín soia a miña tea", dándolle unha nova forza, nunha prenda de vestir: unha camiseta, camisa, suadoiro, chaqueta… o que che apeteza traer.
Non precisas absolutamente ningunha experiencia, xa que aprenderemos puntadas básicas e partiremos de cero. Todos os materiais están incluidos agás a prenda de roupa, que debes traer ti!
Actividade dirixida a público adulto. Hai 15 prazas. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.



