Evento: Ecocápsulas do futuro: supervivencia e tecnoloxía nun clima cambiante

Ecocápsulas do futuro: supervivencia e tecnoloxía nun clima cambiante
xoves, 20 novembro, 2025 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Ecocápsulas do futuro: supervivencia e tecnoloxía nun clima cambiante

Obradoiro a cargo de Vermislab

Empezaremos o obradoiro cunha explicación, realizada sobre unha selección de plantas que axudan a rexenerar o aire e manter a humidade - tales como suculentas, fieitos e plantas de baixo mantemento -d e como contribúen á sostibilidade do microecosistema.

A continuación, realizaremos a montaxe do ecosistema na ecocápsula e plantaremos as especies no seu interior. Incluiremos outros elementos naturais que contribúan á estabilidade do ecosistema, como rochas para conservar a humidade e recipientes de auga.

Finalmente, realizaremos as probas, a observación e os axustes finales cun exemplo de domotización de luz e temperatura con electrónica.

Dirixido a nenas e nenos de 8 a 13 anos. Hai 15 prazas. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade. 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de creación de mensaxes secretas dedicado a Siro López
30 de xaneiro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiro de ilustración científica
31 de xaneiro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Tinturas
Tinturas naturais
31 de xaneiro
Museo Etnolóxico de Ribadavia