Evento: Presentación: Sentinelas no limiar das tebras
Presentación: Sentinelas no limiar das tebras
O domingo 26 de outubro, dentro da programación do "Curtas - Festival do Imaxinario", celebrarase, ás 18:30 h, na Casa da Cultura de Vilagarcía, a presentación de "Sentinelas no limiar das tebras", editado en Galaxia e con guión de Ozo Perozo e Andrés Castro e ilustracións de Alexandre Senande, segunda parte da triloxía iniciada con "Sentinelas da Lúa Carmesí", a obra que inaugurou a colección Banda Deseñada de Editorial Galaxia, destinada a público infantil e xuvenil.
Unha historia de fantasía, misterio e mitoloxía galega, onde dous mundos, o real e o fantástico, se entrelazan para ofrecer unha aventura épica. Unha lectura imprescindible para quen goza dos mundos de fantasía e da nosa tradición oral.
Os autores, Andrés Castro e Alexandre Senande, estarán presentados por Kiko da Silva.