Evento: IV Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"
IV Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"
Tras a grande aceptación das anteriores xornadas celebradas en xuño, o Museo do Viño de Galicia volve convocar unha reunión que pretende establecer un marco de reflexión e diálogo co sector do viño sobre o futuro da vitivinicultura galega. Nelas participarán diferentes axentes do sector, dende a viticultura ata a fabricación de rollas, pasando pola enoloxía e a historia.
A organización destas xornadas contará coa participación da Asociación de Viticultura Artesá de Galicia, a Asociación de Colleiteiros do Ribeiro, a Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico de Ribadavia, a Asociaición de Sumilleres Galegos ORIXE e o blog Atlantic Sommelier. A entrada é de balde, ata completar o aforo.
A cadea de valor do viño: tendencias, mercado e canles de distribución.
Esta xornada abordará o tema da cadea de valor do viño: os factores que inflúen na súa venda, as tendencias do mercado, o tipo de consumidor e a importancia do profesional que o comercializa. En definitiva, que responsabilidade ten cada parte e como chega ao consumidor, nun mercado cada vez máis cheo de referencias.
O programa é o seguinte:
- 9:30 h. "O poder das historias. Tendencias, mercados...a unión como forza". Por Daniel Marín, sommelier e responsable de Xadigal
- 10:30 h. "Que viños se beben, novas fórmulas, novos consumidores, novos viños". Por Mariña Fernández, sommelier do Grupo Abastos, WSET 3 . INGAVI
- 11:30 h. Descanso café
- 11:45 h. '"O futuro dos pequenos". Por Alberto Varela, sommelier e distribuidor, propietario de Choiva Viños e Wineswards
- 12:30 h. "Na procura do valor engadido no mercado do viño no Reino Unido”. Por Miguel Crunia, sommelier e distribuidor en Fion Edinburgh e director do blog Atlantic Sommelier
- 13:30 h. Mesa redonda: "O mundo do viño: está en crise? Que busca o consumidor: a variedade de uva, o territorio, o prezo?
Máis información no teléfono 988 788 720