Evento: Nicasso

Nicasso
venres, 10 outubro, 2025 a domingo, 8 febreiro, 2026
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 3,
Santiago de Compostela

Nicasso

/Nicasso/ é unha obra de Carlos Pazos (Barcelona, 1949) realizada en 2006 e adquirida pouco despois polo CGAC para integrarse na mostra /A sombra da historia/, unha exposición centrada nos arquivos e coleccións...

Nicasso é unha obra de Carlos Pazos (Barcelona, 1949) realizada en 2006 e adquirida pouco despois polo CGAC para integrarse na mostra A sombra da historia, unha exposición centrada nos arquivos e coleccións persoais ou secretas de distintos artistas.
A peza funciona como unha mirada crítica e irónica sobre as diferentes lecturas e interpretacións populares das obras de Picasso e toma como punto de partida a soada cerámica de Vallauris. Esta localidade, onde o artista malagueño residiu entre 1948 e 1955, converteuse no escenario dunha intensa produción cerámica.
A relación de Picasso con Vallauris comezou mentres vivía en Golfe-Juan. Alí coñeceu a Suzanne e Georges Ramié, propietarios do taller Madoura, e pronto empezou a experimentar no seu obradoiro. Pouco despois, trasladouse con Françoise, a súa parella, e o fillo de ambos, Claude, á vila La Galloise, situada nun outeiro próximo.
Ata entón, Vallauris era coñecida pola súa cerámica de enxoval resistente ao lume, de carácter funcional pero sen un atractivo especial. Picasso revolucionou este panorama: asinou un acordo cos Ramié e empezou a producir pezas de todo tipo, desde pratos e xerras convencionais pero decorados de forma agresiva con motivos mediterráneos (faunos, peces, máscaras), ata figuras que se achegaban ao escultórico. A súa influencia estimulou tanto a outros artistas como aos propios artesáns locais, que comezaron a experimentar con formas e cores novas, orientadas cara ao decorativo. Estas innovacións atraeron o público e o turismo crecente na Costa Azul e transformaron Vallauris converténdoo nun dinámico centro cerámico, diverso e moderno, marcado tamén por un certo kitsch propio da época.
A exposición recupera agora a peza Nicasso, que reúne unha colección de cerámicas representativas do Vallauris posterior á etapa picassiana. A obra acompáñase de diversas pezas relacionadas, entre as que destaca Nicasso, el film (Nicasso, o filme), onde Pazos compón unha colaxe de escenas tomadas de películas comerciais realizadas entre os anos 1950 e 2000 nas que Picasso aparece citado ou evocado como símbolo de extravagancia. Ademais, inclúese un vídeo documental de Vacca sobre a primeira presentación pública da obra no Museu Abelló de Mollet del Vallès. Nesa ocasión, a instalación exhibiuse nun espazo con forma de escaparate, aberto á mirada dos transeúntes as vinte e catro horas do día, coma se dunha tenda se tratase.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña