Evento: Kumbh Mela. O baño da inmortalidade
Kumbh Mela. O baño da inmortalidade
martes, 1 xullo, 2025 a domingo, 30 novembro, 2025
Praza de Praterías,
Santiago de Compostela Kumbh Mela. O baño da inmortalidade
Fotografías de Manuel Valcárcel «Piro».
Fotografías de Manuel Valcárcel «Piro». O Kumbh Mela, que significa «Encontro do Cántaro», é a maior celebración relixiosa do mundo dentro do hinduísmo. Cada ciclo congrega devotos nas cidades sagradas de Prayagraj, Haridwar, Nashik e Ujjain para realizar o snana, o baño sagrado, e así buscar a purificación, o perdón dos pecados e a liberación espiritual (moksha). Entre o 13 de xaneiro e o 26 de febreiro de 2025, tivo lugar un Kumbh Mela excepcional en Prayagraj, recollido en imaxes por Manuel Valcárcel «Piro», un acontecemento que non se repetirá ata dentro de 144 anos.