Evento: Breviario

Breviario
sábado, 27 setembro, 2025 a martes, 23 decembro, 2025
Rúa de Pérez Constanti, 12,
Santiago de Compostela

Breviario

Exposición de Tamara Feijoo

Un Breviario é un resumo dunha obra extensa. Tamén é un libro de memoria, ou un libro de apuntamentos. Nesta ocasión o Breviario de Tamara Feijoo é unha pequena colección de pezas que funcionan como mostras e experimentos pictóricos. Trátase de escollidos espazos de pensamento sobre a propia pintura, ensaios de taller, recorrencias e descartes, que dan forma a unha imaxinería persoal que funciona como resumo de toda a súa traxectoria.    
A mostra está comisariada por Mónica Maneiro, directora artística da Fundación DIDAC.
Tamara Feijoo é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Foi merecedora de recoñecementos en case todos os certames dedicados á promoción da arte en Galicia: Bolsa do Certame Novos Valores da Deputación de Pontevedra, Premio de Adquisición no Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, Bolsa de Creación Artística no Estranxeiro Gas Natural Fenosa ou Premio Julián Trincado na 12 Mostra Internacional de Arte Gas Natural Fenosa.
A súa obra atópase en importantes coleccións como a Colección CGAC, Colección DKV, entre outras.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona