Evento: Kyoki

Kyoki
sábado, 29 novembro, 2025 - 18:30
Teatro Coliseo Noela,
Noia
Espectáculo teatral a cargo de Elefante Elegante

KYOKI vai destinado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. O espectáculo trata a temática da memoria, da vellez, da demencia, da soidade e da dura e esixentetarefa de coidar as persoas maiores e enfermas.

A través dunha linguaxe xestual impulsada pola interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo evoca múltiples situacións e personaxes que dun xeito ou doutrotodas as persoas podemos recoñecer.

KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita verificarse en persoas de idade avanzada, mais quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? Ou saiu de casa atrasado para o cole sen peitear o cabelo?

KYOKI retrata un deses días catastróficos, máis é tamén unha homenaxe a todas as persoas maiores que asistencada día ó proceso implacable do declinio das súascapacidades vitais.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Concerto tributo 'Lembra Xabarín'
12 de abril, 17:30
Auditorio Municipal de Goián - Tomiño - Pontevedra
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril, 18:00
Multiúsos da Xunqueira - Redondela - Pontevedra
o_libro_da_selva
O libro da selva. O musical
12 de abril, 18:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Crisálida
12 de abril, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra