Evento: As peripecias de Xurxo

As peripecias de Xurxo
venres, 21 novembro, 2025 - 20:00
Centro Social de Abanqueiro,
Boiro

As peripecias de Xurxo

Espectáculo teatral a cargo de Malasombra

Xurxo é un señor un pouco tardo, que vai a unha escola de señores e señoras na que sofre bullying, aínda que el preséntase como un apaixonado contador de contos e historias e ese é o motivo da súa presenza alí. Na súa presentación, ademais de mostrar o personaxe mediante un extraordinario traballo de clown, cóntanos todo o acoso sufrido na escola de señoras e señores e como se solucionou cando a titora de señoras e señores fixo chamar aos fillos dos acosadores - que curiosamente teñen unha idade parecida ás nenas e nenos do público - . Esta historia que fala de malos tratos escolares, é o pretexto perfecto de presentación dun home namorado dos libros e dos contos que vén contar a estas nenas e nenos a historia de Saltarina, un esquío cun emocionante periplo vital, a piques de morrer por culpa da deforestación e a contaminación. O conto dramatizado de Saltarina reflexiona acerca da importancia de preservar os nosos bosque autóctonos, así como sérvenos de axuda para coñecer moita da flora e fauna de Galicia. Ao esquío acompáñana na súa aventura un gaio, tamén chamada pega marza, e un teixugo, ademais de atoparse con máis dunha trintena de animais e plantas que habitan os nosos bosques.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Absurdia
11 de abril, 18:00
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña
Con lingua propia
11 de abril, 18:00
Auditorio Municipal Manuel María - O Carballiño - Ourense
Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
11 de abril, 20:00
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela - Cangas - Pontevedra
Go home
Go Home
11 de abril, 20:00
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra