Evento: Oh, mammi blue!

Oh, mammi blue!
xoves, 6 novembro, 2025 - 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire,
Lugo
Espectáculo teatral a cargo de Cinema Sticado

Oh, mammi blue! comeza coas primeiras horas dun parto, as últimas dun embarazo e a sensación de que algo vai saír mal. 

A  través dunha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata o final, asistiremos a un desenlace inesperado que cambiará a súa vida, e a dos que a rodean, para sempre.

A través dunha posta en escena innovadora e visualmente impactante, a peza achéganos un testemuño único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia.

Oh, mammi blue! é unha obra irreverente, máxica, profunda e lúcida. Un monólogo tráxico cargado de humor que desafiará as expectativas do espectador. Un relato fascinante no que se destapan tabús de xeito audaz e onde quedan reflectidas as dúbidas, a beleza, o terror e a culpa que acompañan a experiencia da maternidade. 

Unha obra cun dispositivo narrativo singularísimo que non deixará indiferente ao público.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os dous de sempre. O regreso
11 de decembro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Frida
12 de decembro, 10:00
Forum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Frida
12 de decembro, 12:00
Forum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Marcho que teño que marchar
12 de decembro, 21:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña