Evento: O arcón de Noa

O arcón de Noa
domingo, 26 outubro, 2025 - 18:00
Auditorio Municipal,
Vigo
Espectáculo de danza a cargo de Amarelo

Noa é unha nena que vive coa súa nai nunha casa apartada, e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece vello, inservible e apagado no seu mundo solitario. Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles. 

A través da linguaxe da danza contemporánea, a utilización de obxectos e a interacción co dispositivo escénico, o espectáculo mostra múltiples situacións e personaxes guiados por unha narración clásica de conto de maxia e fantasía, estimulando a imaxinación das nenas e nenos grazas a unha posta en escena alegre e luminosa. 

O ARCÓN DE NOA trata transversalmente valores sociais e temáticas relevantes para o desenvolvemento emocional das nenas e nenos: a empatía, a amizade, a cooperación, a diversidade, a inclusión e o respeto ao diferente. Todos estes temas tratados de maneira lúdica, facendo uso da linguaxe corporal, a luz, a música e efectos audiovisuais para contar unha historia de amizade onde haberá emoción, maxia, aventuras, fantasía e comicidade.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

As peripecias de Xurxo
22 de outubro, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
O que hai que ver
23 de outubro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Boa sorte, mala fama
23 de outubro, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
As desterradas
23 de outubro, 21:00
Teatro Principal - Pontevedra - Pontevedra