Evento: Absurdia

Absurdia
domingo, 26 outubro, 2025 - 18:00
Pazo da Cultura,
Carballo
Espectáculo teatral a cargo de Themomento impro

Unha paisaxe desolada: podería ser un vertedoiro, unha fábrica abandonada, unha trincheira, unha vella estación. Ducias de cadeiras en montóns desordeados.

Tres personaxes abafados por completar unha tarefa que non comprenden e que nunca rematan. Falan, calan, discuten, retórcense, pelexan e danse apertas. Pasan da angustia á euforia cada pouco. Non saben por que están alí, nin o que lles espera. Parece que non poden marchar. Benvidos, isto é ABSURDIA.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

As peripecias de Xurxo
22 de outubro, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
O que hai que ver
23 de outubro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Boa sorte, mala fama
23 de outubro, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
As desterradas
23 de outubro, 21:00
Teatro Principal - Pontevedra - Pontevedra