Evento: Apaga o candil

Apaga o candil
sábado, 25 outubro, 2025 - 20:00
Pazo da Cultura,
Narón
Espectáculo a cargo de Contraproducións

Noite de lúa chea. Encrucillada de camiños. Entra en escena un home enxoito e melancólico. É o personaxe do Xestal.

Á luz dun candil, vestido de “gaiteiro”, sáelle ao paso un mozo aposto e garrido. É a morte.

O personaxe do Xestal négase a recoñecer a parca en tan atípica guisa. Cando finalmente a recoñece resístese a seguila, establecéndose entre eles un dinámico e ameno reto dialéctico no que se entreverán os episodios máis significativos da sufrida vida do Xestal con algúns dos seus máis divertidos contos.

Autor: Cándido Pazó

Elenco: Avelino González, Toni Salgado

 Escenografía e atrezzo: Pablo Giráldez “O Pastor”

 Vestuario: De cotío

 Cartaz: Juan Gende

 Técnica y Iluminación: Afonso Castro y Miguel Cabaleiro

 Música: Xurxo Souto e Richi Casás

 Técnico de grabación: Tomás Ageitos

 Dirección de producción: Belén Pichel

 Dirección de escena: Cándido Pazó

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os contos do Lobicán
24 de outubro, 18:00
Casa Dopeso - As Pontes de García Rodríguez - A Coruña
Reconversión
24 de outubro, 20:30
Auditorio Municipal Cine Alovi - As Pontes de García Rodríguez - A Coruña
Tres vellas (na Romaría)
24 de outubro, 21:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña
As r(h)umorosas
24 de outubro, 21:00
Auditorio Afonso Eanes do Cotón - Negreira - A Coruña