Evento: Os contos do Lobicán

Os contos do Lobicán
venres, 24 outubro, 2025 - 18:00
Casa Dopeso,
As Pontes de García Rodríguez

Os contos do Lobicán

Espectáculo teatral a cargo de Redrum Teatro

Os contos do Lobicán é un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación. 

O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022 e gañador do Premio ao Mellor Espectáculo de monicreques nos XXIX Premios de Teatro María Casares. O espectáculo está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a trasmitir os valores anteriormente mencionados. A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, a función convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo. 

Lobicán é un animaliño curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. A pesar da súa reticencia cara á escola e o estudo, Lobicán mostra un profundo interese por aprender sobre a natureza e o mundo que o rodea. Nai Lobicana pídelle levar unha torta ao avó, e mentres Lobicán está no bosque, atópase con Xiana, unha nena que busca o camiño cara á casa da súa tía Silvana. Sen importar as súas diferenzas, Lobicán e Xiana establecerán unha forte amizade que os axudará a superar perigos e desafíos.

Os Contos do Lobicán é unha historia conmovedora que resalta a importancia da amizade, a aceptación da diferenza e o respecto pola natureza, deixando unha poderosa lección sobre a importancia de valorar as relacións persoais e protexer o noso medio ambiente.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Deixar
2 de setembro, 19:30
Praza do Concello - Boiro - A Coruña
Errantes
6 de setembro, 22:30
Rúa de San Mauro - Negreira - A Coruña
Xabier Díaz. Axúdame a sentir
13 de setembro, 20:30
Praza Maior - O Carballiño - Ourense
Castelao
19 de setembro, 18:00
Casa da Cultura do Milladoiro - Ames - A Coruña