Evento: Tres vellas (na Romaría)

Tres vellas (na Romaría)
venres, 24 outubro, 2025 - 21:00
Centro Social de Abanqueiro,
Boiro

Tres vellas (na Romaría)

Espectáculo teatral a cargo de Producións Teatráis Excéntricas

Segundo algúns dos máis esixentes críticos, TRES VELLAS (POLO MENOS) é un dos espectáculos máis fermosos dos que podemos desfrutar na escea galega. Tres dos mellores narradores da escea internacional xuntos falando das súas musas, as súas vellas. Cada función é diferente, única; algunas vellas repiten, outras non, aparecen e desaparecen da memoria colectiva na maior e máis antiga expresión teatral: a narración oral. O espectáculo da palabra viva, ou mellor, resucitada nas falas de Celso Sanmartín, José Luis Gutiérrez e Quico Cadaval xirou por toda Galiza con esporádicas saídas a Portugal, Castela e León e Cataluña. A materia dos relatos que se presentaban no que parecía unha verdadeira sesión de espiritismo era a vida cotiá, os traballos e os días, as labouras, os namoros, e as tristuras, as dores e os divertimentos. A prodixiosa biblioteca do mundo analfabeto na súa infinita riqueza.

En 2023 regresaron as TRES VELLAS cun novo repertorio: TRES VELLAS NA ROMARÍA. Saímos do mundo do traballo e buscamos nas memorias das devanceiras os días gloriosos de romarías e festas, os bailes, os milagres, as devocións, os exorcismos as empanadas e os melindres, o viño novo e a caña brava… As TRES VELLAS lían á cabeza os seus máis fermosos panos rameados, para sair a bailar as muiñeiras, xotas e bailes charros nos turreiros das festas. O repertorio componse de todo o que rodea o mundo estival das romarías: milagres, romances, ofrendas devotas, relatos humorísticos, un mundo no que se mistura a superstición e o festeiro escepticismo. Unha viaxe equidistante aos tempos de “Deus é bo, mais o Demo non é malo” Un repertorio no que se xuntan os xeonllos esfolados das procesións cos pés encalecidos dos bailes. Parece un mundo esquecido, mais as TRES VELLAS regresan para contalo coa mesma frescura que se fose onte.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Deixar
2 de setembro, 19:30
Praza do Concello - Boiro - A Coruña
Un deus salvaxe
3 de setembro, 20:30
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Errantes
6 de setembro, 22:30
Rúa de San Mauro - Negreira - A Coruña
DIQUE
11 de setembro, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense