Evento: MAXIA DIVERTIDA "Contamaxias"

  • Cartel_Contamaxias_14 agosto
MAXIA DIVERTIDA "Contamaxias"
xoves, 14 agosto, 2025 - 11:00
Casa da Cultura do Concello de Verea,
Verea

MAXIA DIVERTIDA "Contamaxias"

A lectura é unha porta á imaxinación, que mellor maneira de abrila que a través da maxia?

O Mago Paco non só conta historias: transfórmaas en experiencias inesquecibles onde a risa é a protagonista. A maxia, a narración oral e a participación do público combínanse para crear un espectáculo único que incentiva a curiosidade, estimula a creatividade e esperta o amor polos libros.

Nesta actividade, a maxia convértese no fío condutor que fomenta o gusto pola lectura dun xeito lúdico e participativo. A través de historias fascinantes e contos cheos de misterio, descubriremos que os libros agochan moito máis do que semellan á primeira ollada.

Achégate a desfrutar do espectáculo, agardámoste!

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 min.

Horario: 11:00-12:00 horas

Espazo: Casa da Cultura, Carballo (Verea)

Máis eventos de tipo Espectáculo

A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés